Que é o Movemento Galego polo Clima?


O Movemento Galego polo Clima xorde en Galiza como resposta á convocatoria de mobilización mundial feita polo movemento xuvenil Fridays For Future Future (Venres por Un Futuro) do pasado  27 de setembro do 2019, co obxectivo de saír á rúa e reclamar accións urxentes que fagan fronte á mudanza climática,  garantindo un futuro ecosocial xusto para todas.

Até o momento, máis de 85 colectivos galegos xuntáronse para facer fronte á Emerxencia Climática que vive o planeta. Se queres unirte a este movemento asina o manifesto e contáctanos.


Últimas novas do Movemento Galego polo Clima!


Participa no manifesto do MGpC 2020!

Na pasada asemblea do Movemento Galego polo Clima, celebrada na Casa do Matadoiro de Compostela o día 11 de xaneiro, acordouse a creación dun grupo de traballo para a elaboración dun manifesto do MGpC para este ano 2020. Este novo manifesto vai encamiñado a establecer propostas para a transformación ecolóxica e social da Galiza, ampliando […]

Resumo da asemblea aberta do MGpC do 11/01/2020

O pasado sábado 11 de xaneiro, o Movemento Galego polo Clima celebrou na Casa do Matadoiro de  Santiago de Compostela unha asemblea aberta para definir entre todas a folla de ruta do MGpC para os vindeiros meses. Máis de 40 persoas de diferentes colectivos, asociacións e entidades, así como persoas a título individual, participaron desta […]

O MGpC unha resposta colectiva para a transformación ecosocial da Galiza

O Movemento Galego polo Clima xurdiu en Galiza como resposta á convocatoria de mobilización mundial feita polo movemento xuvenil Fridays For Future (Venres por Un Futuro) do pasado 27 de setembro do 2019, co obxectivo de saír á rúa a reclamar accións urxentes que fagan fronte á mudanza climática e que garantan un futuro ecosocial […]


Galería do MGpC


Consulta toda a galería de fotos e vídeos do MGpC aquí


Participa e difunde!


Se formas parte dun colectivo, entidade ou organización, súmate ao MGpC e asina o manifesto!

Tes algunha dúbida? Podes contactar por correo co MGpC para intentar resolvela cando queiras

Queres estar ao tanto das últimas novas? Únete á canle de difusión de telegram do MGpC

Axudas a difundir e acudir ás accións do MGpC? Só indo #XuntasPoloClima podemos poñer fin á emerxencia climática