No Movemento Galego polo Clima (MGPC) volveremos ás rúas o vindeiro 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, respostando á convocatoria realizada por 2020 Rebelión polo Clima.
Dende o MGPC propoñemos unha mobilización na rúa o venres 5 de xuño, na que queremos ligar a necesidade de reiniciar o sistema con xustiza ambiental e xustiza social. Para iso usaremos como símbolo o corazón verde do Plan de Choque Social.
ÍNDICE DO DOCUMENTO
- Proposta de acción
1.1. A nivel individual
1.2. A nivel colectivo - Protocolo de seguridad3
- Ligazóns de intese
- PROPOSTA DE ACCIÓN
A acción constará de dous niveis, individual e colectivo.
1.1 A nivel individual
- Onde?: Dende a casa
- Descrición da actividade: Cada persoa do MGPC poderá sumarse individualmente á actividade dende a casa colocando cartaces ou pancartas con corazóns verdes que leven lemas en relación a esa recuperación xusta que necesitamos.
- 👉🏿DESCARGAR CORAZÓNS
1.2 A nivel colectivo
Onde?: lugares estratéxicos ou sobranceiros das localidades onde se consiga realizar: prazas ou lugares rechamantes.
Hora: 20:30h
Mínimo de persoas: 2
Máximo de persoas: 15
Como se farán os grupos: se queredes participar 👉🏿podedes cubrir este formulario, de xeito que poidamos facer grupos con seguridade. Existen persoas de enlace do MGPC nas seguintes localidades, coas que podedes contactar para coordinarvos:
LUGO: Nery 667 545 075 @NeryLugo
OURENSE: Mara 631963215 @VerdeymoradA
COMPOSTELA: Luisa 684072013 @lisa_appleseed
PONTEVEDRA: Xulio 638 842 737
VIGO: Cristóbal 637558347 @Crist_Puxeiros
A CORUÑA: Stephy 634105108 @StephanieOrdez2
FERROL: M 698136656 @EmeGalicia
VILAGARCÍA: Mariló 667456384
RIBEIRA: Nela 635051585 @NelAbella
Descripción da acción: A actividade grupal consistirá en compoñer un corazón verde no chan con pancartas que levemos dende a casa. Se o número de persoas que participades é pequeno o ideal é que coloquedes os cartaces ou pancartas que poidades levar convosco e saquedes a foto.
No caso de poder chegar a un grupo de 10 persoas poderiades colocarvos ao redor das pancartas debuxando un corazón, sempre respectando a distancia de seguridade 2 m entre persoa e persoa.
Tamén se pode encher de corazóns verdes un lugar sobranceiro.
Gráfico da acción:
Ao finalizar a acción, a proposta é recoller os cartaces e distribuilos pola vila/cidade: en pequenos comercios, bares ou establecementos que queiran participar, a persoas que queiran pegalos nas súas fenestras, pegalos en sitios de libre expresión… En ningún caso estos cartaces deben ensuciar/contaminar.
En cada grupo procurarase que haxa persoas responsables de documentar a acción con videos ou fotos para as redes e a prensa. Establecerase unha canle para enviar imaxes e compartilas en redes cos hastag:
- Principal: #XuntasPoloClima
- Secundario #TransformaciónXusta
IMPORTANTE: Este tipo de accións realizaranse de forma organizada e con grupos de afinidade (non mediante convocatoria pública)Teñen que estar definidas de tal XEITO que existan garantías de que evitarán a propagación do virus. Ver “Seguridade” máis abaixo.Recoméndase que estes grupos de afinidade non excedan as 20 persoas en ningún caso, pois non imos comunicalo a delegación de Goberno, e teñan cada un unha persoa “coordinadora de grupo”. O aconsellable son grupos de menos de 10. |
A narrativa da acción interpela a sectores amplos: sindicatos, colectivos por unha vivenda digna, colectivos contra a pobreza enerxética, colectivos pola xustiza económica e social, colectivos feministas, colectivos antirracistas, colectivos de activismo climático, colectivos ecoloxistas, colectivos animalistas e antiespecistas, colectivos de migrantes, colectivos de persoas racializadas, movemento LGTBIQ+,…
Algunhas das ideas forza poden ser:
- Recuperación xusta
- Rescatemos ás persoas (non os contaminadores)
- Voltemos con xustiza social e ambiental (xustiza climática)
- Poñer a vida no centro
- Volver ao mundo de antes non é unha opción
- A anterior normalidade era o problema
- Visibilizar tanto o social como o ambiental
Algunhas ideas para lemas:
- A biodiversidade é seguridade.
- As nosas rías, limpas
- Nin un eucalipto máis.
- Nin un carballo menos.
- Avante bosque autóctono.
- Rescatemos o futuro, non as multinacionáis.
- …
- …e sobre todo as vosas propias ideas!!! 🙂
2. PROTOCOLO DE SEGURIDADE
En cada grupo haberá duas persoas que responsables que se encargarán do correcto funcionamento do grupo, así como da loxística e a seguridade sanitaria.
É moi importante asegurarnos de que se fai de maneira segura evitando o risco de contaxio pola COVID-19 e respectando as normas establecidas pola alarma sanitaria. Emporiso, deixámosvos estas indicacións que debedes considerar antes, durante e despois da actividade.
- Antes da actividade
- As persoas responsables do grupos teranse posto en contacto co seu grupo de afinidade establecendo unha canle de comunicación, para asegurar participación adecuada na actividade.
- Para dar conta da actividade, débese minimizar o uso de transporte público. É altamente recomendable acudir á mobilización a pé ou en bicicleta (no segundo caso, teráse pensado un lugar axeitado para deixar a bicicleta durante a actividade).
- Se tiveches contacto con alguén enfermo de COVID-19, e cres que existe probabilidade de estar infectadx, non poñas en risco a saúde das demáis persoas e fai a proposta de acción a nivel individual.
- Durante a actividade
- Tódalas persoas que participen deberán levar mascarilla protectora adecuada e manter a distancia de seguridade en todo momento. É recomendable a mascarillo tipo FFP2.
- Tódalas persoas deberán seguir as indicacións precisas que se den durante o desenvolvemento da actividade para garantir o cumprimento dos parámetros de seguridade.
- O espazo escolleito para a actividade debe permitir manter unha distancia de seguridade de 1.5m mínimo ou 2m idealmente, así como asegurar a chegada de participantes dun xeito ordeado.
- Durante o transcurso da actividade cómpre manter unha boa hixiene respiratoria.
- NO caso de que se manipule algún material en común (pancartas grandes) debe facerse con luvas.
- É recomendable levar xel hidroalcólico durante o desenvolvemento da actividade, e evitar tocarse os ollos, nariz e boca durante a mesma.
- Despois da actividade
- A saída da actividade realizarase de igual xeito que a chegada, organizada e seguindo as recomendacións de seguridade.
- O grupo de afinidade manterá a canle de comunicación até un mínimo de dúas semanas despóis de realizada a actividade. En caso de que se detecte algún positivo no grupo de COVID-19 durante este período, comunicarase ao resto de membros, para que poidan toma-las medidas correspondentes.
- Recoméndase lavar ben as mans unha vez chegado a casa tras a actividade, así como lavar a roupa empregada.
3. LIGAZÓNS DE INTERESE