Arquivo por autores: movementogalegopoloclima

[25S] Xustiza climática para sair de todas as crises

  • O Movemento Galego polo Clima convoca para este xoves 25 de setembro unha nova xornada de acción polo clima co lema “Xustiza climática para saír de todas as crises”
  • Ao redor desta data as organizacións ambientalistas e climáticas que integran o Movento Galego polo Clima organizan dúas semanas de talleres, palestrase accións diversas.

PROGRAMA:

Martes 22: Lanzamento en redes documental sobre Mobilidade verde en VIGO  (Organiza Ecoloxistas en Acción) 

Mércores 23: Formación sobre as comunidades enerxéticas. Comunidade de Montes de Tameiga (Organiza Ecoloxistas en Acción)

Xoves 24: Presentación do Libro do Clima: todo o que cómpre saber sobre o cmabio climñatico, editado por Catro Ventos (Organiza Verdegaia e colabora Nais polo Clima), ás 20h.

Xoves 24: Charla 23h-1h A Crise Climática xeradora de fame e desigualdade – Sociedad de Energía y Medio Ambiente Facultad de Ingeniería UNAM (Universidad Nacional Autónoma de México) – Semana de Acción por los ODS

Venres 25: Limpeza do río Lagar (A Coruña) (Enmárcase na limpeza simultánea do Proxecto Ríos e organizan a OMA-UDC e FFF Coruña-Ferrol).Venres 25: Performance da Torre de Hércules e lectura do manifesto ás 12h no Obelisco, (A Coruñ). (Fridays For future Coruña-Ferrol)

Venres 25: Performance co lema #XustizaClimática e lectura do manifesto ás 21:30h na Mariña, (A Coruña). (Fridays For future Coruña-Ferrol)

Sábado 26: Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia en Froxán.

Sábado 26: Palestra sobre os Comunais encadrado nas xornadas internacionais sobre “Os comunais: desde a traxedia á recuperación” (The Commons, between Tragedy and Recuperation) que organiza o colectivo Bravos Foundry.

Domingo 27: Voluntariado ambiental en Melón, Ourense (Organiza Amigas da Terra)

Domingo 27: Limpeza simultánea de ríos en toda Galiza (Organiza ADEGA-Proxecto Ríos).

Domingo 27: Encontro inspirador no Festival Mar de Mares. 18:30h Fundación Paideia. Anna Schmelz Collado de Fridays For Future Coruña (FFF); Eme Bañón Goiriz, de Extinction Rebellion (XR); Richard Barreno de Sea Shepherd; moderados por Verónica Torrijos, de la OMA-UDC

Luns 28: Debate sobre mobilidade (A Coruña). 18:30h (Fridays For future Coruña-Ferrol) participan “Plataforma en defensa do Tren” e “Mobiliza”

Martes 29: Palestra con representantes sindicais (Organización Ecoloxistas en Acción) 

Martes 29: Charla de Melencha sobre Pedagogía, comunicación, participación ciudadana y cambio climático. 20h (Fridays For future Coruña-Ferrol)

Xoves 30: Formación sobre os contaminantes dos nosos ríos (Organiza Ecoloxistas en Acción) CARTEIS ACTIVIDADES

Nos últimos meses, o noso mundo experimentou un cambio sen precedentes. A pandemia da COVID-19 fixo cambalear os cimentos do noso sistema. Evidenciáronse as debilidades e contradicións dunha economía depredadora que se atopa ao límite do colapso; dun sistema neoliberal que precariza os servizos públicos e crea grandes desigualdades; dun sistema patriarcal que infravalora e invisibiliza os traballos de coidados necesarios para a vida; dunha globalización que se sostén sobre a explotación do territorio e as persoas, que globaliza tamén a catástrofe, en forma de pandemia, de cambio climático ou de inestabilidade económica, e incrementa a vulnerabilidade en todo o mundo .

O virus non é causa, senón consecuencia dunha crise sistémica profunda, e supón un cambio de paradigma que apenas empezamos a comprender. Necesitamos abandonar un sistema que descarta ás persoas e destrúe o planeta, e camiñar cara á xustiza social e climática para poñer no centro os colectivos máis vulnerables e garantir o dereito a unha vida digna. A emerxencia climática xa era unha expresión desta crise sistémica.

O desastre advertíase desde hai décadas nos numerosos informes científicos, no constante fluxo de persoas obrigadas a abandonar os seus lugares de orixe ou nas voces de quen resiste ante empresas e políticas extractivistas que son impulsadas e consolidadas a través de acordos internacionais de comercio e investimento. Agora, a pandemia colócanos nun punto de inflexión crítico no que, máis que nunca, xogámonos o futuro.

Enfrontámonos a un amplo espectro de escenarios posibles e non podemos baixar a garda: está nas nosas mans impulsar un cambio que avance cara a un proxecto ecosocial, xusto e democrático, ou ben que nosa inacción lévenos cara ao esgotamento definitivo dos recursos que sosteñen a vida e a un agravamento importante da exclusión social e a vulneración dos dereitos humanos. #Ante esta situación, fai falta que transformemos un dos eixos estruturais do noso sistema: o traballo, que hoxe está estreitamente asociado á precariedade, a desigualdade e a destrución do territorio, e sitúase de costas á vida.

Pero un novo modelo laboral xusto e ecoloxicamente sostible non se pode basear nunha aparente descarbonización das actividades empresariais Non podemos caer nas atractivas falsas solucións do capitalismo verde, que nos falan dos milagres imposibles e dos adiantos tecnolóxicos sen ter en conta o seu elevado custo enerxético e material nin os efectos sobre as nosas vidas. Pola contra, é imprescindible reducir o noso consumo de materiais e enerxía, acompañándoo dunha redistribución do traballo que garanta postos de traballo compatibles cunha vida digna para todas as persoas.

Avanzar no proceso de descarbonización da economía, desde os combustibles fósiles cara ás enerxías renovables e a mobilidade sostible, ten que ir acompañado de medidas de transición xusta para as persoas traballadoras e as zonas afectadas por eses cambios.Este novo modelo ten que estar baseado en procesos sostibles que partan de comprender que somos corpos interdependientes e ecodependientes, xerando sinerxias coa contorna e entre as persoas. A riqueza resultante ten que distribuírse equitativamente e estar ao servizo do conxunto da poboación mundial mediante unha fiscalidade xusta, entre outros mecanismos. 

DECÁLOGO POLO CLIMA

A Covid-19 demostrou que se poden adoptar decisións drásticas a favor do ben común. Non podemos volver á vella normalidade que está na orixe da Covid-19 e da emerxencia climática. O Movemento Galego polo Clima lanza á sociedade e aos partidos que concorren ás eleccións ao Parlamento galego do próximo 12 de xullo as seguintes propostas. 

1. Mudar o sistema para que non mude o clima.

Combatermos con contundencia e xustiza a emerxencia climática require dunha profunda transformación socioeconómica cun enfoque ecofeminista. Cómpren políticas ambiciosas para  decrecer o consumo de recursos naturais (enerxía primaria e materiais) nun 40% antes de 2030, relocalizar a produción e o consumo, redistribuír a riqueza, fortalecer os servizos públicos, valorizar e repartir igualitariamente os labores de coidados e apoiar con medidas de transición xusta ás traballadoras e territorios afectadas polos inevitábeis cambios produtivos. Para iso, resultan fundamentais unha reforma ecosocial da fiscalidade, a eliminación dos subsidios aos combustíbeis fósiles e a empresas grandes emisoras de gases de efecto invernadoiro (GEI), a educación ambiental, a participación social e a autoxestión, ou un sector empresarial público.

2. Evitar un quecemento global maior de 1,5º C.

Galicia debe contribuír a evitar un quecemento global maior de 1,5ºC, que tería consecuencias catastróficas, sobre todo para as persoas e os países empobrecidos. Para iso, cómpre reducir as nosas emisións de GEI en, polo menos, un 65% en 2030 con respecto a 1990, de cara a atinxir o obxectivo de emisións netas en 2040, a máis tardar. Estas metas recolleranse nunha Lei galega de Cambio Climático e Transición Enerxética.

3. Descarbonizar o sector eléctrico antes de 2030. 

Necesitamos un sistema enerxético 100% renovábel antes de 2040, baseado en recursos propios e en mans da cidadanía. O sector eléctrico será 100% renovábel xa antes de 2030, para o cal a Xunta apoiará o peche da central de carbón das Pontes en 2021 e promoverá posteriormente a clausura das dúas centrais de gas natural. A porcentaxe do noso consumo final de enerxía procedente de fontes renovábeis debe pasar do 35% actual a un mínimo do 80% en 2030

4. Reducir a mobilidade motorizada e impulsar o transporte verde. 

As emisións de GEI do transporte de persoas e mercadorías en Galicia medraron un un 50% desde 1990, até converterse no maior sector emisor despois da produción eléctrica. Urxe reducir a mobilidade motorizada a través do ordenamento territorial e promover con forza o transporte colectivo e os modos non motorizados (peonil, bicicleta). Demandamos a creación dun servizo ferroviario de proximidade e unha moratoria na construción de novas autovías e autoestradas.  A Xunta deixará de subvencionar a compra de turismos privados.

5. Reestruturar a industria. 

A industria, a través do consumo de enerxía fósil e de certos procesos de fabricación, representa o 14% das emisións de GEI do país. É especialmente salientábel o impacto climático das industrias metalúrxica e siderúrxica, que ademais son electrointensivas e demandan un terzo do noso consumo eléctrico. É necesario promover a adaptación da estrutura e a produción do sector industrial galego aos límites ambientais, a cobertura da súa demanda enerxética de forma máis eficiente e con fontes renovábeis e a súa integración na economía circular. 

6. Cambiar o modelo turístico.

O turismo é un sector sobredimensionado cunha responsabilidade crecente na crise climática. Necesitamos un modelo turístico sustentábel de distancias curtas, máis desestacionalizado e que poña en valor o entorno social, cultural e ambiental máis próximo. Débese desincentivar tanto a emisión como a chegada de turistas en avión, o medio de transporte máis nocivo para o clima, desbotando subsidios aos voos. A Xunta aprobará unha ecotaxa turística e restrinxirá as vivendas de uso turístico. 

7. Apostar pola agroecoloxía. 

As emisións de GEI no sector agrogandeiro galego supoñen un 12% do total, sendo o que máis xera tras a transformación e o consumo de enerxía. A Xunta impulsará a mudanza do modelo intensivo actual a un extensivo de base ecolóxica, favorecendo a produción, distribución e consumo de orixe local. Débese fomentar a soberanía alimentaria e a agroecoloxía até acadar un 40% da superficie cultivada para 2030 e o 100% para 2040. É necesaria tamén unha moratoria tanto para os novos proxectos de gandaría intensiva como para a ampliación dos actuais.

8. Promover unha alimentación con baixa pegada de carbono.

O impacto climático do noso consumo de alimentos é hoxe moi alto. É preciso promover o consumo de proximidade e a alimentación ecolóxica, reducir a demanda de carne e lácteos e eliminar o desperdicio alimentario. Neste sentido, a política de compra de alimentos da Xunta para os servizos que xestiona asumirá o obxectivo dun mínimo do 50% en 2025 e do 100% en 2030 cuberto por alimentos producidos con criterios agroecolóxicos e garantirá opcións de menús vexetarianos e veganos.

9. Reducir o consumo enerxético e a xeración de residuos nos fogares.

A Xunta debe impulsar un plan masivo de rehabilitación enerxética e autoconsumo renovábel nos fogares, priorizando aqueles que sufren pobreza enerxética. Ademais, a rehabilitación e o uso das vivendas baleiras anteporase á construción de novas vivendas. Canto á xestión dos residuos domésticos, abandonarase a incineración en 2025 e camiñarase cara a un modelo de residuo cero baseado na transparencia nos procesos de reciclaxe e na compostaxe da fracción orgánica. Redución de polo menos un 20% en peso dos residuos xerados en 2025 e dotación  de instrumentos e medidas que incentiven a prevención, a reutilización, a reparación e a reciclaxe, por esta orde.

10. Atinxir a neutralidade climática sen eucaliptización. 

A mitigación real da emerxencia climática esixe aproveitar ao máximo as posibilidades de reducir as emisións de GEI nas súas fontes. Ademais, para acadar a neutralidade  climática só se considerarán as absorcións de CO2 procedentes da conservación e a ampliación da superficie ocupada por hábitats naturais como os bosques autóctonos e as turbeiras. A Xunta renunciará a contabilizar as posíbeis absorcións de CO2 atribuíbeis a plantacións forestais como os eucaliptais.

5X: Xustiza climática, xustiza pola terra, pola xente

No Movemento Galego polo Clima (MGPC) volveremos ás rúas o vindeiro 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, respostando á convocatoria realizada por 2020 Rebelión polo Clima.

Dende o MGPC propoñemos unha mobilización na rúa o venres 5 de xuño, na que queremos ligar a necesidade de reiniciar o sistema con xustiza ambiental e xustiza social. Para iso usaremos como símbolo o corazón verde do Plan de Choque Social.

ÍNDICE DO DOCUMENTO

  1. Proposta de acción
    1.1. A nivel individual
    1.2. A nivel colectivo
  2. Protocolo de seguridad3
  3. Ligazóns de intese
  1. PROPOSTA DE ACCIÓN

A acción constará de dous niveis, individual e colectivo.

1.1 A nivel individual

  • Onde?: Dende a casa
  • Descrición da actividade: Cada persoa do MGPC poderá sumarse individualmente á actividade dende a casa colocando cartaces ou pancartas con corazóns verdes que leven lemas en relación a esa recuperación xusta que necesitamos.
  • 👉🏿DESCARGAR CORAZÓNS

1.2 A nivel colectivo

Onde?: lugares estratéxicos ou sobranceiros das localidades onde se consiga realizar: prazas ou lugares rechamantes.

Hora: 20:30h

Mínimo de persoas: 2

Máximo de persoas: 15

Como se farán os grupos: se queredes participar 👉🏿podedes cubrir este formulario, de xeito que poidamos facer grupos con seguridade. Existen persoas de enlace do MGPC nas seguintes localidades, coas que podedes contactar para coordinarvos:

LUGO: Nery 667 545 075 @NeryLugo

OURENSE: Mara 631963215 @VerdeymoradA

COMPOSTELA: Luisa 684072013 @lisa_appleseed

PONTEVEDRA: Xulio 638 842 737

VIGO: Cristóbal 637558347 @Crist_Puxeiros

A CORUÑA: Stephy 634105108 @StephanieOrdez2

FERROL: M 698136656 @EmeGalicia

VILAGARCÍA: Mariló 667456384

RIBEIRA: Nela 635051585 @NelAbella

Descripción da acción:  A actividade grupal consistirá en compoñer un corazón verde no chan con pancartas que levemos dende a casa. Se o número de persoas que participades é pequeno o ideal é que coloquedes os cartaces ou pancartas que poidades levar convosco e saquedes a foto. 

No caso de poder chegar a un grupo de 10 persoas poderiades colocarvos ao redor das pancartas debuxando un corazón, sempre respectando a distancia de seguridade 2 m entre persoa e persoa. 

Tamén se pode encher de corazóns verdes un lugar sobranceiro.

Gráfico da acción:

Ao finalizar a acción, a proposta é recoller os cartaces e distribuilos pola vila/cidade: en pequenos comercios, bares ou establecementos que queiran participar, a persoas que queiran pegalos nas súas fenestras, pegalos en sitios de libre expresión… En ningún caso estos cartaces deben ensuciar/contaminar.

En cada grupo procurarase que haxa persoas responsables de documentar a acción con videos ou fotos para as redes e a prensa. Establecerase unha canle para enviar imaxes e compartilas en redes cos hastag:

  • Principal: #XuntasPoloClima
  • Secundario #TransformaciónXusta
IMPORTANTE:
Este tipo de accións realizaranse de forma organizada e con grupos de afinidade (non mediante convocatoria pública)Teñen que estar definidas de tal XEITO que existan garantías de que evitarán a propagación do virus. Ver “Seguridade” máis abaixo.Recoméndase que estes grupos de afinidade non excedan as 20 persoas en ningún caso, pois non imos comunicalo a delegación de Goberno, e teñan cada un unha persoa “coordinadora de grupo”. O aconsellable son grupos de menos de 10.

A narrativa da acción interpela a sectores amplos: sindicatos, colectivos por unha vivenda digna, colectivos contra a pobreza enerxética, colectivos pola xustiza económica e social, colectivos feministas, colectivos  antirracistas, colectivos de activismo climático, colectivos ecoloxistas, colectivos  animalistas e  antiespecistas, colectivos de  migrantes, colectivos de persoas racializadas, movemento  LGTBIQ+,… 

Algunhas das ideas forza poden ser:

  • Recuperación xusta
  • Rescatemos ás persoas (non os contaminadores)
  • Voltemos con xustiza social e ambiental (xustiza climática)
  • Poñer a vida no centro
  • Volver ao mundo de antes non é unha opción
  • A anterior normalidade era o problema
  • Visibilizar tanto o social como o ambiental

Algunhas ideas para lemas:

  • A biodiversidade é seguridade.
  • As nosas rías, limpas
  • Nin un eucalipto máis.
  • Nin un carballo menos.
  • Avante bosque autóctono.
  • Rescatemos o futuro, non as multinacionáis.
  • …e sobre todo as vosas propias ideas!!! 🙂 

2. PROTOCOLO DE SEGURIDADE

En cada grupo haberá duas persoas que responsables que se encargarán do correcto funcionamento do grupo, así como da loxística e a seguridade sanitaria.

É moi importante asegurarnos de que se fai de maneira segura evitando o risco de contaxio pola COVID-19 e respectando as normas establecidas pola alarma sanitaria. Emporiso, deixámosvos estas indicacións que debedes considerar antes, durante e despois da actividade. 

  1. Antes da actividade
    • As persoas responsables do grupos teranse posto en contacto co seu grupo de afinidade establecendo unha canle de comunicación, para asegurar participación adecuada na actividade.
    • Para dar conta da actividade, débese minimizar o uso de transporte público. É altamente recomendable acudir á mobilización a pé ou en bicicleta (no segundo caso, teráse pensado un lugar axeitado para deixar a bicicleta durante a actividade).
    • Se tiveches contacto con alguén enfermo de COVID-19, e cres que existe probabilidade de estar infectadx, non poñas en risco a saúde das demáis persoas e fai a proposta de acción a nivel individual.
  1. Durante a actividade
    • Tódalas persoas que participen deberán levar mascarilla protectora adecuada e manter a distancia de seguridade en todo momento. É recomendable a mascarillo tipo FFP2.
    • Tódalas persoas deberán seguir as indicacións precisas que se den durante o desenvolvemento da actividade para garantir o cumprimento dos parámetros de seguridade.
    • O espazo escolleito para a actividade debe permitir manter unha distancia de seguridade de 1.5m mínimo ou 2m idealmente, así como asegurar a chegada de participantes dun xeito ordeado.
    • Durante o transcurso da actividade cómpre manter unha boa hixiene respiratoria.
    • NO caso de que se manipule algún material en común (pancartas grandes) debe facerse con luvas.
    • É recomendable levar xel hidroalcólico durante o desenvolvemento da actividade, e evitar tocarse os ollos, nariz e boca durante a mesma.
  1. Despois da actividade
    • A saída da actividade realizarase de igual xeito que a chegada, organizada e seguindo as recomendacións de seguridade. 
    • O grupo de afinidade manterá a canle de comunicación até un mínimo de dúas semanas despóis de realizada a actividade. En caso de que se detecte algún positivo no grupo de COVID-19 durante este período, comunicarase ao resto de membros, para que poidan toma-las medidas correspondentes.
    • Recoméndase lavar ben as mans unha vez chegado a casa tras a actividade, así como lavar a roupa empregada.

3. LIGAZÓNS DE INTERESE

👉🏿Materiais:

👉🏿Protocolo seguridade de 2020:

👉🏿Grupo público de Debate do MGpC en telegram:

Manifesto Acción Global Polo Clima 24A

Hoxe, cando toda a poboación sofre en carne propia as consecuencias da pandemia do coronavirus SARS-COV2, faise patente o urxente e ineludible que é xuntar esforzos para, solidariamente, facer fronte á enfermidade e as súas repercusións sanitarias e sociais. Non debemos descartar que a actual pandemia da COVID19 sexa unha consecuencia máis do cambio climático e a continuada perda da biodiversidade.

Ese mesmo coñecemento, que nos fai entender que estamos ante unha nova manifestación do cámbio climático, lévanos ás organizacións asinantes a continuar coa convocatoria da “Acción Global polo Clima” do día 24 de abril. Ainda que hoxe a crise máis urxente que se esta a dar é a sanitaria, a crise climática segue sendo unha realidade e, a pesar de estar formalmente declarada como emerxencia polo Parlamento Europeo, polo Goberno español e por outras moitas institucións, segue sen ser recoñecida como tal por algúns dirixentes, que optan por desatender as indicacións científicas a través dunha inacción culpable.

Ao mesmo tempo, tamén sufrimos unha perda de biodiversidade a nivel global, moi ligada á emerxencia climática, que está a xerar grandes desequilibrios nos ecosistemas e que, segundo indica a comunidade científica internacional, está intimamente conectada coa aparición de novos patóxenos emerxentes cos que até agora nunca tivemos contacto. Abordar a emerxencia climática e frear a perda de biodiversidade seguen a ser as grandes urxencias do noso tempo e, asemade, son imprescindíbeis para protexernos como sociedade.

Esta crise de saúde pública puxo de manifesto que esa sensación que tiñamos de seguridade absoluta garantida pola tecnoloxía era absolutamente falsa. Tamén mostrou o daniña que pode ser unha crise se nos pilla desprevidas, sen plans de prevención e emerxencia suficientes que poidan facerlle fronte de forma efectiva. Pero máis aló, é unha crise ligada de xeito directo na súa orixe aos modos de produción agraria e gandeira que se basean no uso masivo de agrotóxicos e medicamentos (destrución de ecosistemas e intensificacción das granxas para produción intensiva de carne) e na súa transmisión a unha mobilidade global insustentable de persoas e mercadorías.

Se antes de que sexan evidentes os seus efectos máis dramáticos, non temos un plan, non achegamos medios suficientes, non actuamos con convicción e non seguimos as recomendacións que nos marca a ciencia. Se non aproveitamos esta forzada paralización da actividade para reducir e reorientar a nosa actividade, decidida- e rapidamente, alcanzarase un cambio climático de tal magnitude e rapidez que faría imposible a nosa adaptación.

Sería devastador para a maioría dos ecosistemas e as sociedades humanas. A humanidade enfronta unha emerxencia climática sen precedentes na que tamén é necesario actuar coa responsabilidade de protexer a vida en primeiro lugar. Esta defensa da supervivencia debe levarnos a tomar medidas ambiciosas e drásticas, noutras palabras, a asumir o estado de emerxencia climática, impulsando as actuacións necesarias e non as que se presentan como “politicamente posibles”, antes de que a situación nos desborde. Tratemos a emerxencia climática como a crise que é. Actuar con contundencia hoxe fronte á emerxencia climática conseguirá que os impactos ambientais e sociais (incluídas novas pandemias coma a presente) sexan moito menores, aínda que gran parte deles, xa non seremos capaces de palialos.

Estamos ao bordo dun punto de non retorno marcado por unha enorme perda de biodiversidade e polo incremento da temperatura global, que pon en xaque a todo o planeta, incluída a humanidade. As consecuencias do cambio climático son, entre outras, un incremento dos grandes incendios forestais, a proliferación de enfermidades de rexións máis cálidas, secas máis severas, subida do nivel do mar e acidificación dos océanos, choivas torrenciais que provocarán asolagamentos, movementos migratorios motivados pola crise climática…

O quecemento global é consecuencia directa do modelo de produción e consumo que continuamente se demostra incapaz de satisfacer as necesidades vitais das persoas. Un modelo que precariza ás persoas e pon en situación de vulnerabilidade a gran parte da poboación mundial, especialmente ás mulleres, así como aos ecosistemas e o resto de seres vivos que habitan este planeta. Un modelo que arrisca a nosa supervivencia como especie, ao basearse na explotación ilimitada e acelerada dos recursos fosiles, mineiros e naturais, impactando de maneira inxusta nas poboacións máis pobres e vulnerables.

Pero, nesta crise, a ciencia tamén sinalou a vía de actuación, que non é outra que a redución e descarbonización do noso sistema económico, especialmente nas sociedades industrializadas occidentais que temos máis responsabilidades e maiores capacidades. Un sistema económico que se paralizou ante a crise do coronavirus e que debemos reformularnos antes de reiniciar. Temos que modificar radicalmente o noso modelo de producir e consumir respectando os límites biofísicos..

Ante iso, as organizacións asinantes, de acordo coa ciencia, manifestamos que si, que participamos da idea da necesidade de apoiar a saída das crises xeradas polo coronavirus, pero matizamos que esta non pode basarse no modelo que nos conduciu ata a emerxencia ecolóxica e social actual. Necesitamos un novo modelo de producción e consumo no que prime a vida, as persoas e a protección dos recursos naturais. Precisamos un modo de vida climatica e socialmente xusto, dentro dos límites naturais do planeta.

Sabemos que a gravidade da emerxencia nos obriga a adoptar cambios estruturais O que fagamos nesta década condicionará completamente o grao de quecemento que imos sufrir a curto, medio e longo prazo . Será preciso reducir drasticamente os consumos (como o enerxético), cambiar as pautas de transporte e acelerar a transición enerxética desde os combustibles fósiles a un modelo 100% renovable, eficiente, sen emisións contaminantes, xusto e en mans das persoas e non do oligopolio; especialmente desde a óptica do autoconsumo e a descentralización. É necesario un cambio de escala, do global ao local, que poña no centro a redución das longas cadeas de transporte, a posta en valor de modelos alimentarios en consonancia cos límites do planeta. Uns esforzos que deben conducirnos a unha redución drástica das nosas emisións, en liña coas indicacións científicas e alcanzando a neutralidade canto antes.

Asina o manifesto en:

https://forms. gle/A24 yB9 mjhqkWv9e36

ACTUACIÓNS PARA RELANZAR A ACTIVIDADE DUNHA FORMA XUSTA E SOSTIBLE

O relanzamento da actividade non poderá ser considerado social e climaticamente xusto se non incorpora dous principios básicos:

1. Desde o punto de vista climático, enfrontar unha redución drástica das emisións netas de gases de efecto invernadoiro, en liña coas indicacións científicas e alcanzando a neutralidade o máis axiña posible.

A maior ameaza para o medio ambiente galego é a eucaliptización, destinada á fabricación de pasta de papel e proximamente para a industria da biomasa. Destrúe ecosistemas, esgota acuíferos, mata regos e ríos, acentúa as secas e ocupa un chan agrario que precisaremos para desenvolver a nosa soberanía alimentaria. Xunto con esa transformación, outras forzas traballando a prol do despoboamento, son a ocupación de terras por mineiras e parques eólicos que subordinan o interese das poboacións locais e das actividades tradicionais aos intereses das grandes corporacións. Para solventar estas ameazas, desde o Movemento Galego polo Clima propomos:.

  • Unha moratoria ás novas plantacións de eucalipto, así como a súa inclusión nos catálogos de especies invasoras, e un plan forestal que garanta a recuperación dos ecosistemas naturais protexidos pola lexislación, os solos agrarios e a vexetación de ribeira, co obxecto de tecer unha rede de ecosistemas naturais protexidos cunha superfice de chan agrario dispoñible para a transición da agrogandeiría galega a sistemas de pastoreo extensivo. Estes novos cambios implicarían un peche socialmente xusto da empresa ENCE, actor responsable de gran parte do desequilibrio ecolóxico de Galiza.
  • Unha moratoria para todas as novas licenzas mineiras até concluír unha diagnose da situación ambiental das existentes, e do cumprimento dos plans de restauración das clausuradas ou sen actividade.
  • Unha moratoria a novos parques eólicos facendo urxentemente un novo Plan Eólico con zonas de exclusión máis estritas, que oriente os novos desenvolvementos aoautoabastecemento dos Concellos a través de Parques Eólicos Singulares de propiedade municipal, priorizando a participación das comunidades locais e a enerxía mini e microeólica, e que impoña estritas cláusulas sociais a novos parques de titularidade privada.

2. Desde o punto de vista eco-social, consideración absolutamente prioritaria das persoas e dos colectivos vulnerables, garantindo para elas unhas condicións de vida dignas. A aplicación destes principios reflíctese en moitos aspectos vitais, entre os que destacamos os seguintes:

  • A crise climática só pode ser afrontada dende unha perspectiva que teña en conta as diferenzas de raza, etnia, orixe, clase e tamén a desigualdade de xénero. Non haberá xustiza climática sen xustiza de xénero. Debe garantirse unha perspectiva de xénero en todas as políticas, a paridade de xénero e o empoderamento das mulleres en todas as áreas da nova sociedade que debe nacer para a superación das actuais crises..
  • Reorganización dos sistemas de produción e consumo, definindo cales son as necesidades esenciais das nosas sociedades para darlles prioridade. Prohibición da obsolescencia programada e obrigación de deseñar cos criterios de durabilidade, reparación, reutilización e recilcaxe.
  • Reconsideración das políticas comerciais, nacionais e internacionais, plasmadas ou non en Tratados de Comercio e Investimento (TCI), primando os consumos de proximidade e limitando a dependencia exterior, sexa en enerxía ou en calquera necesidade esencial. Eliminar as políticas e prácticas que encamiñan ao modelo monocultivista agro-gandeiro-forestal.
  • Priorización das medidas encamiñadas a reducir a perda de biodiversidade e á restauración dos ecosistemas.
  • Potenciación da cohesión social e da solidariedade, así como do sector público. Potenciación do emprego en sectores sostibles e da repartición do traballo, así como introdución de medidas de transición xusta para sectores e territorios vulnerables aos cambios, avanzando en medidas como a redución da xornada, a conciliación…
  • Apostar polo rural na procura dunha nova ruralización da sociedade baseada principalmente na restauración do existente e en conceitos bioclimáticos e de sostibilidade.
  • Protección das persoas máis vulnerables, sexa cal for a causa da súa vulnerabilidade (clase, raza, xénero…), avanzando cara a unha renda básica, de forma que ninguén quede atrás.
  • A fiscalidade e o gasto público deberán ser acordes cunha redistribución xusta e cos principios de protección ambiental e de descarbonización. Prohibición de subsidios a empresas causantes do cambio climático, (combustibles fósiles, aviación, automóviles, etc.)
  • Asunción da débeda climática que, como Estado, adquirimos cos países do Sur Global, a través dunha contribución xusta e con garantías suficientes aos fondos de financiamento internacionais, de acordo cos principios de xustiza climática.
  • Aceleración da transición enerxética desde os combustibles fósiles cara a un modelo baseado na reducción dos consumos e 100% renovable, sen emisións contaminantes, xusto, eficiente e en mans das persoas, apostando decididamente polo autoconsumo e a enerxía distribuída e pasando por sistemas tarifarios xustos.
  • Redución e transformación da mobilidade de persoas e mercadorías, axustándoa á necesaria, minimizando o uso do vehículo privado e fortalecendo as infraestruturas e os servizos do transporte público e compartido, especialmente do ferrocarril convencional tanto para mercadorías como para pasaxeiros. Fomentar e facilitar o transporte non motorizado.
  • Transformación de modelo alimentario cara a outro baseado en sistemas agro-ecolóxicos e agrosilvopastorís máis locais e libres de contaminantes químicos.
  • Moratoria do plan 5G e os seus proxectos pilotos, que non atenden á avaliación ambiental nin ao principio de precaución, e afondan na insustentabilidade ecolóxica da nosa sociedade ao favorecer de forma exponencial: o produtivísmo, as emisións de efecto invernadoiro, o consumo enerxético, o extractivismo mineiro, a industria agro-gandeira intensiva, a obsolescencia tecnolóxica e o hiperconsumismo; así como a exposición ás radiofrecuencias, ás condutas aditivas, á concentración do poder e control social, ás interferencias metereolóxicas, etc.

Podes decargar o manifesto en pdf na seguinte ligazón:

Semana de palestras web polo Clima

Durante esta semana, desde o Movemento Galego polo Clima, vaise realizar un programa de palestras diarias co gallo da acción climática global do venres 24 de abril.

Aquí tedes a ligazón da sala virtual de jit.si
https://meet.jit.si

Luns 20 de abril. 18:00h

Sala virtual palestra luns 20 (18:00h): jit.si
https://meet.jit.si

Martes 21 de abril. 18:00h

Sala virtual palestra martes 21 de abril (18:00h): https://meet.jit.si/MARTES215GEACRISEECOSOCIALGLOBAL

Mércores 22 de abril. 17:00h

Sala virtual palestra mércores 22 de abril (17:00h): https://meet.jit.si/MER21-ACRISECLIMATICAENTEMPOSDECORONAVIRUS

Xoves 23 de abril. 18:00h

Sala virtual palestra xoves 23 de abril (18:00h): https://meet.jit.si/XOV23-DECAMIÑOAEXTINCION

Proxección de Paraíso Roubado. 21:30h

Venres 24 de abril. 18:00h

Sala virtual palestra venres 24 de abril (18:00h): https://meet.jit.si/VEN24-COVID19EEMERXENCIAECOLOXICA

Asemblea MGpC Ferrolterra – 6 de marzo

Desde o MGpC e FFF queremos facer público que este venres, 6 de Marzo, ás 19:00 h van celebrar unha asemblea informativa aberta a toda a veciñanza de Ferrolterra, no Ateneo Ferrolán.

Na Asemblea vaise informar sobre o proceso participativo que está tendo lugar para a elaboración do Manifesto 2020 do MGpC. Este Manifesto é continuación e ampliación do Manifesto 2019.

O borrador do mesmo estase centrando nas medidas que, dende o Movemento Galego polo Clima, sabemos que é preciso implementar na sociedade (na economía, na administración, nas empresas, nos fogares…) co obxectivo de que se realice con éxito a transición eco-social xusta e necesaria. Galiza precisa destas demandas para axudar a frear e reverter o cambio climático, á vez que se prepara para a escaseza enerxética mundial.

O outro punto da orde do día centrarase en debater e acordar iniciativas concretas para impulsar e articular accións de cara a semana do 24 de Abril. Estas accións de mobilización a desenrolar, previas e durante o 24 de Abril, apoian a convocatoria internacional de Fridays For Future.

Con isto, chamamos á participación nestas datas decalquera persoa interesada.

Participa no manifesto do MGpC 2020!

Na pasada asemblea do Movemento Galego polo Clima, celebrada na Casa do Matadoiro de Compostela o día 11 de xaneiro, acordouse a creación dun grupo de traballo para a elaboración dun manifesto do MGpC para este ano 2020.

Este novo manifesto vai encamiñado a establecer propostas para a transformación ecolóxica e social da Galiza, ampliando e dándolle continuidade así ao manifesto do 2019.

Co fin de que a elaboración deste manifesto fose o máis participativa posible, estableceuse crear un formulario para que os diferentes colectivos asinantes, así como outras organizacións e persoas a título individual, puidesen achegar ideas e propostas ao novo manifesto.

A través desta chuvia de ideas e de propostas, a equipa redactora do manifesto elaborará un primeiro borrador que será presentado aos colectivos asinantes, así como ás persoas ou entidades que participaron a través deste formulario, co fin de chegar a un consenso do texto final.

Queres participar? Aquí tes a ligazón do formulario:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfP4qpn0U3m1qxP2MvFJVi86aixWdyJNYkooehTCOxR4gunow/viewform

Lembra que a data límite para participar a través deste formulario é o domingo 9 de febreiro.

Desde xa, moitísimas grazas pola vosa participación!!

#XuntasPoloClima #MovementoGalegoPoloClima

Resumo da asemblea aberta do MGpC do 11/01/2020

O pasado sábado 11 de xaneiro, o Movemento Galego polo Clima celebrou na Casa do Matadoiro de  Santiago de Compostela unha asemblea aberta para definir entre todas a folla de ruta do MGpC para os vindeiros meses.

Máis de 40 persoas de diferentes colectivos, asociacións e entidades, así como persoas a título individual, participaron desta asemblea, durante a cal acordáronse as seguintes accións e retos para os vindeiros meses:

  • Elaboración dun manifesto para o 2020 con propostas reais e efectivas na loita contra o cambio climático. Dar unha resposta desde o ecoloxismo e os movementos sociais á situación de emerxencia climática, ecolóxica e social na Galiza, tomando como referencia o manifesto do 2019. Este novo manifesto constituiría unha folla de ruta para lograr unha transición enerxética, así como do modelo produtivo, industrial e de consumo galego que permita unha transformación ecosocial xusta da Galiza.
  • Elaboración dun decálogo con medidas e propostas ambientais desde o ecoloxismo para as eleccións autonómicas do 2020 seguindo o marco estabelecida no novo manifesto agora en elaboración.
  • Facer un chamamento a máis colectivos e entidades sociais e ambientais do país para integrarse dentro do Movemento Galego polo Clima. Unha base social ampla é un dos retos a acadar neste 2020.
  • Celebración dun encontro nacional do MGpC en verán con palestras, obradoiros e concertos, etc. Este encontro constituiría un espazo para o aprendizaxe colectivo e as sinerxías co fin de consolidar o movemento ecoloxista galego e dar visibilidade á importancia de actuar de xeito conxunto na loita contra cambio climático.

Podes ler a acta completa aquí!

O MGpC unha resposta colectiva para a transformación ecosocial da Galiza

O Movemento Galego polo Clima xurdiu en Galiza como resposta á convocatoria de mobilización mundial feita polo movemento xuvenil Fridays For Future (Venres por Un Futuro) do pasado 27 de setembro do 2019, co obxectivo de saír á rúa a reclamar accións urxentes que fagan fronte á mudanza climática e que garantan un futuro ecosocial xusto para todas.

Até o momento, o Movemento Galego polo Clima está conformado por máis de 85 colectivos e entidades galegas co fin de facer fronte todas xuntas á situación de Emerxencia Climática que vive o planeta enteiro, e particularmente Galiza. É por iso que temos intención de afrontar este reto tendo presente cales son as causas que máis están alentando o quecemento global no noso país e cales son as medidas que poderían evitar as consecuencias drásticas para o noso territorio e para o pobo galego no seu conxunto.

E para acadar este cometido, o MGpC está a redactar durante este primeiro trimestre do 2020 un manifesto encamiñado a establecer propostas para a transformación ecolóxica e social da Galiza, dándolle continuidade así ao manifesto do 2019.

Se queres unirte a este Movemento súmate ao manifesto do 2019 e contáctanos.

Agardámoste!!