Arquivo da categoría: Sen clasificar

[25S] Xustiza climática para sair de todas as crises

  • O Movemento Galego polo Clima convoca para este xoves 25 de setembro unha nova xornada de acción polo clima co lema “Xustiza climática para saír de todas as crises”
  • Ao redor desta data as organizacións ambientalistas e climáticas que integran o Movento Galego polo Clima organizan dúas semanas de talleres, palestrase accións diversas.

PROGRAMA:

Martes 22: Lanzamento en redes documental sobre Mobilidade verde en VIGO  (Organiza Ecoloxistas en Acción) 

Mércores 23: Formación sobre as comunidades enerxéticas. Comunidade de Montes de Tameiga (Organiza Ecoloxistas en Acción)

Xoves 24: Presentación do Libro do Clima: todo o que cómpre saber sobre o cmabio climñatico, editado por Catro Ventos (Organiza Verdegaia e colabora Nais polo Clima), ás 20h.

Xoves 24: Charla 23h-1h A Crise Climática xeradora de fame e desigualdade – Sociedad de Energía y Medio Ambiente Facultad de Ingeniería UNAM (Universidad Nacional Autónoma de México) – Semana de Acción por los ODS

Venres 25: Limpeza do río Lagar (A Coruña) (Enmárcase na limpeza simultánea do Proxecto Ríos e organizan a OMA-UDC e FFF Coruña-Ferrol).Venres 25: Performance da Torre de Hércules e lectura do manifesto ás 12h no Obelisco, (A Coruñ). (Fridays For future Coruña-Ferrol)

Venres 25: Performance co lema #XustizaClimática e lectura do manifesto ás 21:30h na Mariña, (A Coruña). (Fridays For future Coruña-Ferrol)

Sábado 26: Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia en Froxán.

Sábado 26: Palestra sobre os Comunais encadrado nas xornadas internacionais sobre “Os comunais: desde a traxedia á recuperación” (The Commons, between Tragedy and Recuperation) que organiza o colectivo Bravos Foundry.

Domingo 27: Voluntariado ambiental en Melón, Ourense (Organiza Amigas da Terra)

Domingo 27: Limpeza simultánea de ríos en toda Galiza (Organiza ADEGA-Proxecto Ríos).

Domingo 27: Encontro inspirador no Festival Mar de Mares. 18:30h Fundación Paideia. Anna Schmelz Collado de Fridays For Future Coruña (FFF); Eme Bañón Goiriz, de Extinction Rebellion (XR); Richard Barreno de Sea Shepherd; moderados por Verónica Torrijos, de la OMA-UDC

Luns 28: Debate sobre mobilidade (A Coruña). 18:30h (Fridays For future Coruña-Ferrol) participan “Plataforma en defensa do Tren” e “Mobiliza”

Martes 29: Palestra con representantes sindicais (Organización Ecoloxistas en Acción) 

Martes 29: Charla de Melencha sobre Pedagogía, comunicación, participación ciudadana y cambio climático. 20h (Fridays For future Coruña-Ferrol)

Xoves 30: Formación sobre os contaminantes dos nosos ríos (Organiza Ecoloxistas en Acción) CARTEIS ACTIVIDADES

Nos últimos meses, o noso mundo experimentou un cambio sen precedentes. A pandemia da COVID-19 fixo cambalear os cimentos do noso sistema. Evidenciáronse as debilidades e contradicións dunha economía depredadora que se atopa ao límite do colapso; dun sistema neoliberal que precariza os servizos públicos e crea grandes desigualdades; dun sistema patriarcal que infravalora e invisibiliza os traballos de coidados necesarios para a vida; dunha globalización que se sostén sobre a explotación do territorio e as persoas, que globaliza tamén a catástrofe, en forma de pandemia, de cambio climático ou de inestabilidade económica, e incrementa a vulnerabilidade en todo o mundo .

O virus non é causa, senón consecuencia dunha crise sistémica profunda, e supón un cambio de paradigma que apenas empezamos a comprender. Necesitamos abandonar un sistema que descarta ás persoas e destrúe o planeta, e camiñar cara á xustiza social e climática para poñer no centro os colectivos máis vulnerables e garantir o dereito a unha vida digna. A emerxencia climática xa era unha expresión desta crise sistémica.

O desastre advertíase desde hai décadas nos numerosos informes científicos, no constante fluxo de persoas obrigadas a abandonar os seus lugares de orixe ou nas voces de quen resiste ante empresas e políticas extractivistas que son impulsadas e consolidadas a través de acordos internacionais de comercio e investimento. Agora, a pandemia colócanos nun punto de inflexión crítico no que, máis que nunca, xogámonos o futuro.

Enfrontámonos a un amplo espectro de escenarios posibles e non podemos baixar a garda: está nas nosas mans impulsar un cambio que avance cara a un proxecto ecosocial, xusto e democrático, ou ben que nosa inacción lévenos cara ao esgotamento definitivo dos recursos que sosteñen a vida e a un agravamento importante da exclusión social e a vulneración dos dereitos humanos. #Ante esta situación, fai falta que transformemos un dos eixos estruturais do noso sistema: o traballo, que hoxe está estreitamente asociado á precariedade, a desigualdade e a destrución do territorio, e sitúase de costas á vida.

Pero un novo modelo laboral xusto e ecoloxicamente sostible non se pode basear nunha aparente descarbonización das actividades empresariais Non podemos caer nas atractivas falsas solucións do capitalismo verde, que nos falan dos milagres imposibles e dos adiantos tecnolóxicos sen ter en conta o seu elevado custo enerxético e material nin os efectos sobre as nosas vidas. Pola contra, é imprescindible reducir o noso consumo de materiais e enerxía, acompañándoo dunha redistribución do traballo que garanta postos de traballo compatibles cunha vida digna para todas as persoas.

Avanzar no proceso de descarbonización da economía, desde os combustibles fósiles cara ás enerxías renovables e a mobilidade sostible, ten que ir acompañado de medidas de transición xusta para as persoas traballadoras e as zonas afectadas por eses cambios.Este novo modelo ten que estar baseado en procesos sostibles que partan de comprender que somos corpos interdependientes e ecodependientes, xerando sinerxias coa contorna e entre as persoas. A riqueza resultante ten que distribuírse equitativamente e estar ao servizo do conxunto da poboación mundial mediante unha fiscalidade xusta, entre outros mecanismos. 

DECÁLOGO POLO CLIMA

A Covid-19 demostrou que se poden adoptar decisións drásticas a favor do ben común. Non podemos volver á vella normalidade que está na orixe da Covid-19 e da emerxencia climática. O Movemento Galego polo Clima lanza á sociedade e aos partidos que concorren ás eleccións ao Parlamento galego do próximo 12 de xullo as seguintes propostas. 

1. Mudar o sistema para que non mude o clima.

Combatermos con contundencia e xustiza a emerxencia climática require dunha profunda transformación socioeconómica cun enfoque ecofeminista. Cómpren políticas ambiciosas para  decrecer o consumo de recursos naturais (enerxía primaria e materiais) nun 40% antes de 2030, relocalizar a produción e o consumo, redistribuír a riqueza, fortalecer os servizos públicos, valorizar e repartir igualitariamente os labores de coidados e apoiar con medidas de transición xusta ás traballadoras e territorios afectadas polos inevitábeis cambios produtivos. Para iso, resultan fundamentais unha reforma ecosocial da fiscalidade, a eliminación dos subsidios aos combustíbeis fósiles e a empresas grandes emisoras de gases de efecto invernadoiro (GEI), a educación ambiental, a participación social e a autoxestión, ou un sector empresarial público.

2. Evitar un quecemento global maior de 1,5º C.

Galicia debe contribuír a evitar un quecemento global maior de 1,5ºC, que tería consecuencias catastróficas, sobre todo para as persoas e os países empobrecidos. Para iso, cómpre reducir as nosas emisións de GEI en, polo menos, un 65% en 2030 con respecto a 1990, de cara a atinxir o obxectivo de emisións netas en 2040, a máis tardar. Estas metas recolleranse nunha Lei galega de Cambio Climático e Transición Enerxética.

3. Descarbonizar o sector eléctrico antes de 2030. 

Necesitamos un sistema enerxético 100% renovábel antes de 2040, baseado en recursos propios e en mans da cidadanía. O sector eléctrico será 100% renovábel xa antes de 2030, para o cal a Xunta apoiará o peche da central de carbón das Pontes en 2021 e promoverá posteriormente a clausura das dúas centrais de gas natural. A porcentaxe do noso consumo final de enerxía procedente de fontes renovábeis debe pasar do 35% actual a un mínimo do 80% en 2030

4. Reducir a mobilidade motorizada e impulsar o transporte verde. 

As emisións de GEI do transporte de persoas e mercadorías en Galicia medraron un un 50% desde 1990, até converterse no maior sector emisor despois da produción eléctrica. Urxe reducir a mobilidade motorizada a través do ordenamento territorial e promover con forza o transporte colectivo e os modos non motorizados (peonil, bicicleta). Demandamos a creación dun servizo ferroviario de proximidade e unha moratoria na construción de novas autovías e autoestradas.  A Xunta deixará de subvencionar a compra de turismos privados.

5. Reestruturar a industria. 

A industria, a través do consumo de enerxía fósil e de certos procesos de fabricación, representa o 14% das emisións de GEI do país. É especialmente salientábel o impacto climático das industrias metalúrxica e siderúrxica, que ademais son electrointensivas e demandan un terzo do noso consumo eléctrico. É necesario promover a adaptación da estrutura e a produción do sector industrial galego aos límites ambientais, a cobertura da súa demanda enerxética de forma máis eficiente e con fontes renovábeis e a súa integración na economía circular. 

6. Cambiar o modelo turístico.

O turismo é un sector sobredimensionado cunha responsabilidade crecente na crise climática. Necesitamos un modelo turístico sustentábel de distancias curtas, máis desestacionalizado e que poña en valor o entorno social, cultural e ambiental máis próximo. Débese desincentivar tanto a emisión como a chegada de turistas en avión, o medio de transporte máis nocivo para o clima, desbotando subsidios aos voos. A Xunta aprobará unha ecotaxa turística e restrinxirá as vivendas de uso turístico. 

7. Apostar pola agroecoloxía. 

As emisións de GEI no sector agrogandeiro galego supoñen un 12% do total, sendo o que máis xera tras a transformación e o consumo de enerxía. A Xunta impulsará a mudanza do modelo intensivo actual a un extensivo de base ecolóxica, favorecendo a produción, distribución e consumo de orixe local. Débese fomentar a soberanía alimentaria e a agroecoloxía até acadar un 40% da superficie cultivada para 2030 e o 100% para 2040. É necesaria tamén unha moratoria tanto para os novos proxectos de gandaría intensiva como para a ampliación dos actuais.

8. Promover unha alimentación con baixa pegada de carbono.

O impacto climático do noso consumo de alimentos é hoxe moi alto. É preciso promover o consumo de proximidade e a alimentación ecolóxica, reducir a demanda de carne e lácteos e eliminar o desperdicio alimentario. Neste sentido, a política de compra de alimentos da Xunta para os servizos que xestiona asumirá o obxectivo dun mínimo do 50% en 2025 e do 100% en 2030 cuberto por alimentos producidos con criterios agroecolóxicos e garantirá opcións de menús vexetarianos e veganos.

9. Reducir o consumo enerxético e a xeración de residuos nos fogares.

A Xunta debe impulsar un plan masivo de rehabilitación enerxética e autoconsumo renovábel nos fogares, priorizando aqueles que sufren pobreza enerxética. Ademais, a rehabilitación e o uso das vivendas baleiras anteporase á construción de novas vivendas. Canto á xestión dos residuos domésticos, abandonarase a incineración en 2025 e camiñarase cara a un modelo de residuo cero baseado na transparencia nos procesos de reciclaxe e na compostaxe da fracción orgánica. Redución de polo menos un 20% en peso dos residuos xerados en 2025 e dotación  de instrumentos e medidas que incentiven a prevención, a reutilización, a reparación e a reciclaxe, por esta orde.

10. Atinxir a neutralidade climática sen eucaliptización. 

A mitigación real da emerxencia climática esixe aproveitar ao máximo as posibilidades de reducir as emisións de GEI nas súas fontes. Ademais, para acadar a neutralidade  climática só se considerarán as absorcións de CO2 procedentes da conservación e a ampliación da superficie ocupada por hábitats naturais como os bosques autóctonos e as turbeiras. A Xunta renunciará a contabilizar as posíbeis absorcións de CO2 atribuíbeis a plantacións forestais como os eucaliptais.

5X: Xustiza climática, xustiza pola terra, pola xente

No Movemento Galego polo Clima (MGPC) volveremos ás rúas o vindeiro 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, respostando á convocatoria realizada por 2020 Rebelión polo Clima.

Dende o MGPC propoñemos unha mobilización na rúa o venres 5 de xuño, na que queremos ligar a necesidade de reiniciar o sistema con xustiza ambiental e xustiza social. Para iso usaremos como símbolo o corazón verde do Plan de Choque Social.

ÍNDICE DO DOCUMENTO

  1. Proposta de acción
    1.1. A nivel individual
    1.2. A nivel colectivo
  2. Protocolo de seguridad3
  3. Ligazóns de intese
  1. PROPOSTA DE ACCIÓN

A acción constará de dous niveis, individual e colectivo.

1.1 A nivel individual

  • Onde?: Dende a casa
  • Descrición da actividade: Cada persoa do MGPC poderá sumarse individualmente á actividade dende a casa colocando cartaces ou pancartas con corazóns verdes que leven lemas en relación a esa recuperación xusta que necesitamos.
  • 👉🏿DESCARGAR CORAZÓNS

1.2 A nivel colectivo

Onde?: lugares estratéxicos ou sobranceiros das localidades onde se consiga realizar: prazas ou lugares rechamantes.

Hora: 20:30h

Mínimo de persoas: 2

Máximo de persoas: 15

Como se farán os grupos: se queredes participar 👉🏿podedes cubrir este formulario, de xeito que poidamos facer grupos con seguridade. Existen persoas de enlace do MGPC nas seguintes localidades, coas que podedes contactar para coordinarvos:

LUGO: Nery 667 545 075 @NeryLugo

OURENSE: Mara 631963215 @VerdeymoradA

COMPOSTELA: Luisa 684072013 @lisa_appleseed

PONTEVEDRA: Xulio 638 842 737

VIGO: Cristóbal 637558347 @Crist_Puxeiros

A CORUÑA: Stephy 634105108 @StephanieOrdez2

FERROL: M 698136656 @EmeGalicia

VILAGARCÍA: Mariló 667456384

RIBEIRA: Nela 635051585 @NelAbella

Descripción da acción:  A actividade grupal consistirá en compoñer un corazón verde no chan con pancartas que levemos dende a casa. Se o número de persoas que participades é pequeno o ideal é que coloquedes os cartaces ou pancartas que poidades levar convosco e saquedes a foto. 

No caso de poder chegar a un grupo de 10 persoas poderiades colocarvos ao redor das pancartas debuxando un corazón, sempre respectando a distancia de seguridade 2 m entre persoa e persoa. 

Tamén se pode encher de corazóns verdes un lugar sobranceiro.

Gráfico da acción:

Ao finalizar a acción, a proposta é recoller os cartaces e distribuilos pola vila/cidade: en pequenos comercios, bares ou establecementos que queiran participar, a persoas que queiran pegalos nas súas fenestras, pegalos en sitios de libre expresión… En ningún caso estos cartaces deben ensuciar/contaminar.

En cada grupo procurarase que haxa persoas responsables de documentar a acción con videos ou fotos para as redes e a prensa. Establecerase unha canle para enviar imaxes e compartilas en redes cos hastag:

  • Principal: #XuntasPoloClima
  • Secundario #TransformaciónXusta
IMPORTANTE:
Este tipo de accións realizaranse de forma organizada e con grupos de afinidade (non mediante convocatoria pública)Teñen que estar definidas de tal XEITO que existan garantías de que evitarán a propagación do virus. Ver “Seguridade” máis abaixo.Recoméndase que estes grupos de afinidade non excedan as 20 persoas en ningún caso, pois non imos comunicalo a delegación de Goberno, e teñan cada un unha persoa “coordinadora de grupo”. O aconsellable son grupos de menos de 10.

A narrativa da acción interpela a sectores amplos: sindicatos, colectivos por unha vivenda digna, colectivos contra a pobreza enerxética, colectivos pola xustiza económica e social, colectivos feministas, colectivos  antirracistas, colectivos de activismo climático, colectivos ecoloxistas, colectivos  animalistas e  antiespecistas, colectivos de  migrantes, colectivos de persoas racializadas, movemento  LGTBIQ+,… 

Algunhas das ideas forza poden ser:

  • Recuperación xusta
  • Rescatemos ás persoas (non os contaminadores)
  • Voltemos con xustiza social e ambiental (xustiza climática)
  • Poñer a vida no centro
  • Volver ao mundo de antes non é unha opción
  • A anterior normalidade era o problema
  • Visibilizar tanto o social como o ambiental

Algunhas ideas para lemas:

  • A biodiversidade é seguridade.
  • As nosas rías, limpas
  • Nin un eucalipto máis.
  • Nin un carballo menos.
  • Avante bosque autóctono.
  • Rescatemos o futuro, non as multinacionáis.
  • …e sobre todo as vosas propias ideas!!! 🙂 

2. PROTOCOLO DE SEGURIDADE

En cada grupo haberá duas persoas que responsables que se encargarán do correcto funcionamento do grupo, así como da loxística e a seguridade sanitaria.

É moi importante asegurarnos de que se fai de maneira segura evitando o risco de contaxio pola COVID-19 e respectando as normas establecidas pola alarma sanitaria. Emporiso, deixámosvos estas indicacións que debedes considerar antes, durante e despois da actividade. 

  1. Antes da actividade
    • As persoas responsables do grupos teranse posto en contacto co seu grupo de afinidade establecendo unha canle de comunicación, para asegurar participación adecuada na actividade.
    • Para dar conta da actividade, débese minimizar o uso de transporte público. É altamente recomendable acudir á mobilización a pé ou en bicicleta (no segundo caso, teráse pensado un lugar axeitado para deixar a bicicleta durante a actividade).
    • Se tiveches contacto con alguén enfermo de COVID-19, e cres que existe probabilidade de estar infectadx, non poñas en risco a saúde das demáis persoas e fai a proposta de acción a nivel individual.
  1. Durante a actividade
    • Tódalas persoas que participen deberán levar mascarilla protectora adecuada e manter a distancia de seguridade en todo momento. É recomendable a mascarillo tipo FFP2.
    • Tódalas persoas deberán seguir as indicacións precisas que se den durante o desenvolvemento da actividade para garantir o cumprimento dos parámetros de seguridade.
    • O espazo escolleito para a actividade debe permitir manter unha distancia de seguridade de 1.5m mínimo ou 2m idealmente, así como asegurar a chegada de participantes dun xeito ordeado.
    • Durante o transcurso da actividade cómpre manter unha boa hixiene respiratoria.
    • NO caso de que se manipule algún material en común (pancartas grandes) debe facerse con luvas.
    • É recomendable levar xel hidroalcólico durante o desenvolvemento da actividade, e evitar tocarse os ollos, nariz e boca durante a mesma.
  1. Despois da actividade
    • A saída da actividade realizarase de igual xeito que a chegada, organizada e seguindo as recomendacións de seguridade. 
    • O grupo de afinidade manterá a canle de comunicación até un mínimo de dúas semanas despóis de realizada a actividade. En caso de que se detecte algún positivo no grupo de COVID-19 durante este período, comunicarase ao resto de membros, para que poidan toma-las medidas correspondentes.
    • Recoméndase lavar ben as mans unha vez chegado a casa tras a actividade, así como lavar a roupa empregada.

3. LIGAZÓNS DE INTERESE

👉🏿Materiais:

👉🏿Protocolo seguridade de 2020:

👉🏿Grupo público de Debate do MGpC en telegram: