Vigo

Programación de actividades polo clima: 17 ao 29 de setembro

Martes 17

Inicio da campaña de Fridays For Future-Vigo “O 17 non rimos. O 27 berraremos”

Lugar: Centros de ensino de Vigo

Descrición: O estudantado acudirá aos centros de ensino con mascarillas, en sinal de protesta ante as consecuencias do Cambio Climático.

Venres 20

21:00 Manifestación nocturna “ A noite será violeta”

Lugar: Praza da Pedra

Descrición: Participación na manifestación “20S Emerxencia feminista”

Luns 23

19:00 Presentación das actividades da semana de loita contra o Cambio Climático

Lugar: Praza do Paseo de Alfonso

Descrición: Fridays for Future, Movemento Galego polo Clima, Vigo sen Bombeiros e Vigo Histórico abrirán a semana cun acto de presentación que finalizará cunha Aperta Colectiva que unirá cunha cadea humana o Paseo Alfonso até a Porta do Sol. Súmate!

Martes 24

19:00- 21:00 Palestras polo cambio!

Lugar: Aula D. Rúa Elduayen nº 36 (entrada polas escadas)

Título das palestras:

– “Alternativas ao capitalismo desde o rural”, a cargo de Celtia Traviesas

– “Túnel no Casco Vello: peonalización mantendo a cultura do coche e dos ruídos”, a cargo de Vigo histórico e a AAVV do casco vello

– “Situación do monte galego: ferramentas participativas para a conservación.”, a cargo de ADEGA Vigo.

Mércores 25

17:30 Actividades en torno á Permacultura.

Lugar: Ecolectivo (Camiño do Monte da Serra, nº 38, Castrelos)

Xoves 26

19:00 Acto pola Soberanía Alimentaria

Lugar: Cooperativa Árbore (Rúa López Mora, nº 30)
Descrición: Organiza Marcha Mundial das Mulleres. Intervén Isabel Vilalva Seivane, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego

20:30 Bicicleando polo Clima!

Lugar: Paseo de Alfonso

Descrición: Masa Crítica por Vigo… outra mobilidade sostíbel na cidade é posíbel. Trae a túa bici!!

Venres 27

11:00 Concentración estudantil

Lugar: Praza do Rei – Concello de Vigo

Descrición: Ante a situación de Emerxencia Climática, reunímonos para reclamar medidas reais para frear o Cambio Climático e as súas consecuencias.

19:30 Obradoiro de Batucada feminista. Ven facer barullo polo Clima!!

Lugar: Vía Norte

20:00 Manifestación polo Clima 27S

Percorrido: Vía Norte>Urzáiz>Porta do Sol

#XuntasPolaClima

Sábado 28

10:30-13:30 Roteiro reivindicativo polos montes de Tameiga e Cabral

Lugar: por concretar

Descrición: Ecoloxistas en Acción organiza un roteiro polos montes veciñais de Tameiga e Cabral. O obxectivo é a posta en valor do monte comunal e visibilizar as loitas contra os proxectos especulativos que ameazan estes espazos comunitarios. A xornara ramatará cun xantar no CSCD As Pedriñas (av. do Rebullón, nº 2) e coa proxección de documentais.

Domingo 29

11:00 Móllate polos ríos! – Limpeza no río Lagares

Lugar: Senda do río Lagares (Camiño Carreiros,  nº 25, a Salgueira)

Descrición: ADEGA Vigo organiza a XII Limpeza Simultánea no río Lagares. Achégate e participa! (trae luvas e botas de auga)